Quizais xurdiu a dúbida de si coa pandemia celebrariamos a festa do Samaín e o Magosto? Pero, como non as íamos a celebrar! Son tradicións milenarias galegas! A festa do Samaín ten 3000 anos de antigüedade e segundo a tradición celta, está considerada como o ANO NOVO que comeza coa estación escura de outono, na que se dá paso a un novo ano e ábrense as portas ao outro mundo. Celebrábase ao final da tempada de colleitas. En Galicia, festexamos conxuntamente O SAMAÍN e O MAGOSTO.
A castaña é un dos froitos máis representativos do mundo rural galego e estreitamente unido á nosa cultura. |
||||
As aulas enchéronse de catrinas, pantasmas, meigas, diaños, esqueletes, castelos encantados, cabazas e castañas, mortos viventes, vampiros e vampiresas... Tremendos sustos e calafríos pasamos durante o Samaín no Ceip Isaac Peral. |
||||
Ademais dos disfraces terroríficos, os alumnos e alumnas adornaron as aulas con debuxos e motivos característicos destas festas; tamén gozaron dunha merenda individual, non intercambiable, decorada tamén con esta temática. |
||||
Os pequenos e pequenas de Infantil crearon un lapbook sobre o Samaín. | ||||
En primaria realizouse un mural de castañas decoradas de forma orixinal e que foi colocado na entrada do colexio. | ||||
Tamén se realizaron durante esas semanas, diversas actividades relacionadas coa temática das dúas festas como: lecturas, sopas de letras, encrucillados, refráns, poemas, adiviñas... Tamén receitas con castañas salgadas e doces para as persoas máis lambeteiras. Dexesamos que todas e todos gozásedes destas festas. |
||||