Aínda que con algo de retraso, xa celebramos o día da Paz no noso centro. Todo o colexio participou no acto:
Todo iso gracias á organización do Departamento de Orientación en colaboración co grupo da Biblioteca. Poderás atopar imaxes do acto, así como traballos feitos polos rapaces na nosa galería de fotos, ou premendo na imaxe. |
|
|
NA NOSA BIBLIOTECA PODERÁS ATOPAR LIBROS PARA A PAZ |
||
E estes son os traballos do noso alumnado sobre a PAZ
|
||
PELÍCULAS RECOMENDADAS |
||
" LA ESTRELLA DE LAURA"
Cando a pequena Laura e a súa familia se mudan á cidade deixando a súa marabillosa e entrañable casa no campo, Laura síntese perdida, é difícil para ela facer novos amigos nunha cidade tan grande.
CADENA DE FAVORES
Trevor (Jaley Joel Osment), inspirado por mor dunha proposta de Eugene (Kevin Spacey) -o seu novo profesor de Ciencias Sociais no colexio- segundo a cal os nenos han de imaxinar unha idea para cambiar o mundo e tentar pola en práctica, iniciará sen sabelo unha exitosa cadea de favores que se estenderá por toda a cidade das Vegas e que consiste en axudar a tres persoas, e que estas axuden en pago a outras tres, e así sucesivamente. A trama está dividida en dúas historias concorrentes; unha delas é a do neno, a súa alcohólica nai e o profesor de Ciencias Sociais; a outra é a dun reporteiro investigando a cadea de feitos insólitos, aparentemente producto da boa vontade, que beneficiaron a moitas persoas, incluíndoo a el. Conforme vai seguindo a pista dos favores ata a orixe, imos descubrindo circunstancias que complementan a historia principal, o que nos dá un mellor entendemento das accións do inusual triángulo de protagonistas.
|
DÍA DA PAZ 2008
Día da Paz