Protagonista do Día das Letras Galegas de 2019Antonio Fraguas Fraguas nace o 28 de diciembre de 1905 en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). En 1928, ano da súa licenciatura, formaba parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía. Fíxose mestre no 1933, sendo represaliado e obrigado a abandoar o seu posto durante a guerra. Entre 1943 e 1950 voltou a Universidade e obtuvo a cátedra de Instituto, ademais de ser director da sección de Etnografía e folclore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. No 1951 pasa a formar parte da Real Academia Galega, ocupando o asento de Castelao. Dirixiu o Museo do Pobo Galego dende a súa fundación ata a súa morte. No 1984 recibiu a medalla Castelao e no ano 1995 a medalla das Artes e das Letras de Galicia. Faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999. |
|
|||
|
||||
O mes de maio é, por excelencia, o mes das LETRAS GALEGAS. Como aperitivo nesta festa tan importante para a nosa lingua o dúo GALEATRO visitou de novo o noso centro. Esta vez o seu espectáculo titulábase
Unha peza teatral que conta a historia de Xan, un rapaz que vai participar a un concurso coa intención de levar o premio final. Para iso terá que superar unha serie de probas relacionadas cao cultura, a literatura e a xeografía galega. Nesta proposta teatral, os nenos e nenas poideron escoitar, dunha maneira amena , a vida e a obra do autor,
Preme abaixo para ver máis imaxes da representación no salón de actos do IES Montojo. |
||||
Na semana das LETRAS GALEGAS organizouse unha exposición do traxe rexional galego. Todo o cole pasamos a vela e a escoitar a interesante explicación que nos presentou o profe de música, Fran. Aprendimos moitas cousas!! Mira abaixo as fotos. Que atentiños estabamos!!! |
||||
Os alumnos de 6º tamén quixeron homenaxear a Antón Fraguas coa súa creatividade,e realizaron un mural, que foi exposto á entrada do cole.
|
||||
E CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN!! HOMENAXEAMOS A ANTONIO FRAGUAS
BAILAMOS A RITMO DA MUIÑEIRA
E ENTOAMOS "A RIANXEIRA"
|
||||
Para rematar ese día de festa, unidas e unidos nunha gran roda, cantamos o HIMNO GALEGO.
|
||||
ASI FOI PUBLICADO NO NOSO FACEBOOK |
||||
|