APRENDIZAXE COOPERATIVA EN E. INFANTIL

             
           
           
     

A aprendizaxe cooperativa é unha metodoloxía activa que ten como finalidade a aprendizaxe en grupo, a inclusión de todo o alumnado e a súa autonomía persoal.

Cooperar é traballar conxuntamente coa mesma fin, fomentar a axuda aos outros e adoptar un sentido de comunidade no grupo. Así, o propio alumno desde a súa autonomía e coa axuda dos outros compañeiros é o artífice da súa propia aprendizaxe.

Son tres os ámbitos aos que hai que atender para levar a cabo esta metodoloxía na aula: cohesión de grupo, traballo en equipo como recurso a ensinar e traballo en equipo como contido a ensinar.

Para profundizar máis acerca do tema premer aquí

     
       

Durante o presente curso na  comezouse a implementar esta metodoloxía

     
             
     

 Leváronse a cabo actuacións e actividades encamiñadas a que os alumn@s da clase se cohesionen como grupo e que se cree así o clima axeitado para a convivencia e para favorecer a formación posterior dos equipos.

O alumnado está realizando unha dinámica de cohesión chamada Tea de araña. Nesta dinámica toman conciencia de que TOD@S son imprescindibles: Se alguén solta a corda a tea de araña se desbarata!!!

 

     
             
     

 Pasamos despois a utilizar o traballo en equipo como recurso para ensinar. Pero o alumnado non traballa en equipo de forma espontánea porque así llo pidamos, temos que ensinarlle como facelo e os pasos que teñen que seguir para facelo. E por iso aprendimos tamén algunhas estructuras cooperativas, é dicir, diferentes formas de estructurar ou levar a cabo o traballo en equipo.

 

   

O alumnado está traballando con dúas estruturas cooperativas: lápices ao centro escribindo as partes do corpo dunha abella e  folio xiratorio para establecer as diferenzas entre as abellas e as vésporas.

     
     

      

Aquí traballan con números ao centro para establecer a liña numérica e ábacos ao centro para as sumas.

     
             
     

 Pero ademais, o traballo en equipo tamén é un contido a ensinar. Por iso lles ensinamos dun xeito estructurado a traballar en equipo con actuacións e ferramentas concretas para facelo: os Plans de equipo e o Caderno do equipo.

                       

 

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet