A maxía de Merlín co TEI: polos muíños de Esmelle

    
      

 O DÍA 1 DE XUÑO : CONVIVENCIA DE ALUMNADO/TITORES DO TEI 

 

Este curso imos celebrar a 1ª xuntanza de todo o alumnado de Ferrol de 5º curso, titores do TEI!,

programa de prevención do acoso escolar.

Para a súa realización escolleuse un dos  entornos ferrolas mais bonitos : o val de Esmelle. Colabora co proxecto a asociación de veciños de Esmelle , a SGHN, o Cefore e como non, o Concello de Ferrol . 

O TEI estase implantando con forza nos colexios de Ferrolterra, xa dende o curso pasado en Educación Primaria. E para facer mais forza contra o acoso escolar, xuntamos as nosas mans e trataremos de trasmitir todo aquelo que estamos traballando nas aulas nunha xornada de convivencia.

Participan o Ceip Recimil, Ceip A laxe, Ceip Isaac Peral, Ceip Esteiro e Ceip Cruceiro de Canido.  

                 

       
     

Antes da visita, o profesorado dos diferentes colexios fan a ruta dos muiños de Esmelle, asesorados pola SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) e queremos dar as grazas a Xan Silvar xa que axudou moito na preparación da xuntanza . 

prema na imaxe  para ver as fotos 

 

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

ITINERARIO DA RUTA  

 

-Saída dos centros 9-9:15 

-Ruta por Valón para coller a estrada Mougá - Esmelle.

-Nacemento dun río : O RÍO ROXEDOIRO, zoa húmida de axuntamento das augas para a formación do río.

 

-1º dos muíños: importancia do aumento do caudal do río en un tramo pequeno

- Mago Merlín estatua de Pérez Porto: eiquí distribuimos os grupos formados por alumnado misturado dos colexios

-Lavadoiro de Evarista

-Xardín de Pepa: carballos , cerdeiras, freixos, ameneiros...

-Plantación de vides :  UVAS ESPECIAIS

-muiños de auga de Esmelle

-Ruta ata a desembocadura na praia de Esmelle onde merendamos e xogamos 

-Chegada as 14:00

 

É unha ruta tamén dos sentidos polo que imos ver, ulir, escoitar, tocar e saborear.

Fixámonos moito en todo!

e polo río......... camiñamos caladiñ@s!

XORNADA DE RESPECTO AO MEDIO AMBENTE!

  

prema na imaxe

POR XAN SILVAR

 

      

            Ola, son o Rego do Roxedoiro!.

A miña historia comeza no alto do val de Mougá, onde recollo as augas da choiva que esvaran polas abas dos montes.

Algo máis abaixo, o caudal xa abonda para mover o primeiro dos vinte e dous muíños das parroquia de Esmelle; tamén para encher as arquetas que dan auga a moitas vivendas do val. Ao pouco están os muíños de Pepa e de Conde, entremedias, nun verde prado, aparece dunha pena a figura do Mago Merlín (grazas aos magos galegos e á pluma de Álvaro Cunqueiro). Xiro ao pé da igrexa, ollando á fonte dos dous canos e ás minas que dan auga á fonte e lavadoiro de Evarista.

Entre carballos, cerdeiras e freixos do Xardín de Pepa escóndome baixo os ameneiros para xuntarme con un irmán, o Rego do Saído, que ven do val de Lodeiro, e unidos bordeamos o local social.

Outro irmán, o Rego do Miguez, baixa ben forte, movendo o muíño do Conde, dando auga ao gran lavadoiro e alimentando á fonte que nunca seca 

Pouco despois de unirnos atopamos ao noso irmán maior, o río de San Xurxo, que ven das terras de Papoi a fundírmonos na gallada do Lugar de Rioxunto. Dende aí antigamente moviamos catro muíños dun rodicio, ata chegar ao muíño do Ferreiro, cos seus dous rodicios, que tamén foi fábrica de luz. Aínda atopariamos tres muíños máis ata chegar ao último, o Muíño Vello, e cambiar a terra polas areas da praia de San Xurxo e Esmelle, marcando o camiño ás angulas e deixármonos de ser río para converternos en mar.                                                                                                                                                                                                                                          

 prema na imaxe para saber mais dun rio

SABER  MAIS DOS MUIÑOS 

TIPOS DE MUÍÑOS

Particulares: Tiñan un só dono

Muíños atandados: Eran propiedade de varias familias que se organizaban en quendas para moer o millo

Muíños de explotación comercial: Tiñan que pagar polo uso do muíño.

A forma de pago era a maíca, isto é deixar un tanto por cen do produto moído.

CEREAIS QUE SE MOÍAN:

Moíase: millo, cebada, trigo e centeo. Estes cereais eran os que se sementaban no val de Esmelle.

Mentres que esperaban a moenda cantaban e brincaban e as veces pelexaban os uns cos outros. No verán botaban toda a noite, era unha festa.

CENTRAIS ELÉCTRICAS

 

Algúns muíños aproveitábanse para instalar pequenas centrais eléctricas que abastecían aos veciños de luz.

TITORES DE 5º

GRAZAS POLO VOSO COMPROMISO CO ALUMNADO TITORIZADO E

 REMATAR CO ACOSO ESCOLAR!

QUE BO TRABALLO FIXECHEDES ESTE CURSO!

 


VíMONOS O DÍA 1 DE XUÑO !

prema na rá para ver as fotos

 

XA ESTAMOS TRABALLANDO PARA ERRADICAR O ACOSO ESCOLAR EN FERROL!

POLA BOA CONVIVENCIA PACÍFICA.


 


 

 

DAMOS AS GRAZAS A SGHN QUE ENSINOUNOS MOITO SOBRE A NOSA COMARCA, A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE ESMELLE QUEN APORTOU INFORMACIÓN E LIMPOU PARA QUE A RUTA FORA MAIS DOADA DE CAMINAR PARA AS CRIANZAS A QUEN ANIMAMOS A QUE SIGAN COA CONSERVACIÓN DO VAL , A POLICIA MUNICIPAL QUE AXUDOU A FACER OS TRAMOS  DE CARRETEIRA MAIS SEGUROS E SOLVENTANDO AS DIFICULTADES DE ORGANIZACIÓN, E AO CONCELLO QUE TIVO A BEN FACILITARNOS  CAPAS PARA A CHOIVA POR SE O TEMPO NON ACOMPAÑABA.

 

E SOBRE TODO , AGRADECER AO PROFESORADO O TRABALLO DE TODO UN  ANO NAS AULAS , SABENDO QUE  É O VERDADEIRO ARTÍFICE DA DINAMIZACIÓN DO PROXECTO TEI E DE TODO AQUELO QUE SE PROPÓN, CO SEU ESFORZO E COA SÚA TENACIDADE E EMPEÑO.

PROFES : ESTE PARTIDO TÉMOLO QUE GANAR NÓS.

GRAZAS A TODOS VOS !

ESTAMOS NO CAMIÑO

 

PREMA NA IMAXE

Powered by Drupal - Design by artinet