Xa se respira aire de entroido no Isaac Peral. | ||||
Este ano imos entroidear polo mar. | ||||
|
|
|||
|
||||
|
|
|||
Máis fotos dos mandados premendo na imaxe |
||||
E chegou o tan desexado día!!! |
||||
O venres, 9 de febreiro, todos os nenos e nenas viñeron disfrazados e desfilaron diante das familias. O noso "coro" encabezaba o desfile e marcaba o ritmo con "Carnaval, Carnaval" de Georgie Dann, ainda que con outra letra, creada polos rapaces e rapazas. |
||||
A ESTRIBOR, A BABOR |
||||
A estribor, a babor Imos Ferroleando Polos mares ártabros Entoando esta canción Imos navegando.(BIS)
|
Moitos proxectos no noso cole son importantes. Tratan do mar: Radio Chalana O Peraliño A Mareiriña do Isaac Peral REFRÁN(BIS) |
Acuicultoras e mariñeiros mariscadoras e capitáns. Mergulladoras e os pescadores. Toda esa xente faena no mar. REFRÁN(BIS) |
||
Moi acorde co noso proxecto da biblioteca: "Ferroleando polos mares". Os/as profes tamén nos mergullamos nese marabilloso mar, transformándonos por uns intres nunhas coloridas medusas e nuns divertidos pescadores. |
||||
Logo do desfile, degustamos produtos típicos do entroido aportados polas familias. Coma sempre, moi saborosos!!! Grazas pola súa colaboración!
|
||||
E para rematar ese día tan festeiro, non podía faltar a "discoteca". Cantamos e bailamos ata quedar esgotados!! |
||||
Á volta das tan merecidas vacacións, despedimos o entroido coa queima do meco. O día amenceu chuvioso, mesmo semellaba reflectir a fin destas festas.
Todas as fotografías do entroido premendo na imaxe |