Nadal 2017

    
     
                
   
   

                 

Para descargar as fotografías de grupos premer na imaxe  

 

 

 
   

    AS  NOSAS  PANXOLIÑAS     

 
   

O noso coro formado por alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e ensaiado pola profe de música Nuria nos dedican esta panxoliñas

       

 

       
                     
     

 LIBROS PARA NADAL

     
           Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca      
           
           Premendo na imaxe  poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca       
       

 

 GUÍA DE LECTURA NADAL 2017

 

       
         

 Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca

       
                     
     

ASÍ FELICITA O NOSO ALUMNADO

     
     

Todos os anos o noso alumnado elabora as postais de Nadal para felicitar ás familias. Aquí tedes unha pequena mostra os seus traballos

     
     

 

         
       
             
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. 

     
     

 Pois ben, este ano tamén chegou o apalpador ao noso centro. Mirade, mirade as imaxes....

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

 
                   
     

 

   
     

E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas:

"A VISITA DOS REIS MAGOS"

Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques".

Disfrutade vendo as imaxes!

 

 Premendo na imaxe accédese ás fotos

 onde se poden descargar

   
     

Estaremos de vacacións ata o 7 de xaneiro. 

  As clases comezarán o LUNS 8 de xaneiro no horario habitual  

   
           
                               
           
           

Powered by Drupal - Design by artinet