Volta á Biblioteca o noso padriño, desta vez para falar co alumnado de 4º de E. P. sobre dúas obras moi especiais para el: “O merlo de ferro” e “A merla de trapo”. Comezou Antón explicándolles o porque das súas dedicatorias. |
||||
Esta obra está dedicada ao meu pai,un ferreiro, e recolle as experiencias e lembranzas que vivín con el, antes de perdelo cando era moi novo. Pero sabede que ningunha persoa morre, mentres que os que quedamos vivos non nos esquezamos deles. Por iso meu pais segue vivindo en min.
A miña nai era costureira, así que creei unha obra para ela para agasallala polo seu noventa aniversario. O merlo de ferro é o fío condutor desta obra chea de pequenas historias individuais e fantasiosas que fan a peza máxica.
|
||||
Preguntado o autor se habería unha continuidade sendo protagonistas os merliños que tiveron, contestoulles que o pensara algunhas veces, pero que non estás seguro de facelo. De facelo o que xa ten é o título: “O merlo de papel”.
Quixeron saber por que un merlo e non outro paxaro. |
||||
O merlo é un paxariño común, dos que abondan moito, atopámolo tanto no campo coma nas cidades. O seu canto é fermoso, melodioso e ledo. Encántame escoitalo…
|
||||
E conseguiu un absoluto silencio poñéndolles o rechouchío do merlo que traía gravado no seu móbil. Despois leulles un fermoso poema, un soneto, sobre o merlo, publicado no seu último libro “Zoonetos”. E tamén lles contou a lenda de Eros de Armenteira que quedou abraiado escoitando ao merlo e que cando volveu en si, pasaran 300 anos.
Este é o libro e a fermosa dedicatoria que Antón nos deixou.
|
||||
Para rematar a conversa animoulles a que escriban: Eu fágoo desde que teño a vosa idade e gardei todas as historias e poemas e de maior xuntei algunhas para elaborar a miña primeira obra “Xiganano, onde estás?”. Ademais pensade a sorte que temos, somos os únicos animais que sabemos escribir. Rematada a charla, Antón fabricou coa tapa dunha lata de sardiñas, un xoguete, de tantos dos que hai recollidos na súa obra “Tastarabás”. Foi un chifre que soaba como o rechouchío do merlo.
|
||||
Tamén lles ensinou a montar cunha folla de papel un “conto pequerrecho” para que aprenderan como se monta un libro nunha imprenta.
Grazas Antón. Coma sempre foi un pracer poder gozar da túa compaña e das túas ensinanzas.
|
||||