teatro con g

             
           
         
             
                                 
     

O pasado 13 de xuño os alumnos e as alumnas de 1º, 2º e 4º de Primaria e algúns pais,nais, avós e avoas asistimos ao Teatro Jofre a desfrutar da obra "Non é tan fero o lobo coma o pintan!!!" Esta peza teatral baseada nos poemas de Manuel María foi interpretada por un talentoso elenco de actores e actrices de 3º de Primaria do noso colexio.

A representación mostra á natureza coma principal protagonista da historia, na que o lobo Pascual está moi enfadado porque o botaron dunha festa na que só quería botar unhas pezas. Acompañan ao lobo no escenario, un gato que pretende a unha coqueta gata, uns ratos mortos de medo, un caracol caracoleiro, unhas andoriñas rexoubeiras, unhas alegres flores, o sol Lourenzo, unhas nubes moi competitivas coa súa beleza, un vento fachendoso, unhas brilantes estrelas, unha lúa namorada do sol e o  arco da vella cos seus coloríns. Toda esta amalgama de personaxes, fixo que desfrutásemos moito dunha divertida, fermosa e orixinal función teatral, que podería ser perfectamente candidata aos vindeiros premios de teatro María Casares 2018.

     
               
                           
           
     

 VELAÍ TEDES O VÍDEO DA REPRESENTACIÓN

     
     

 SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA REPRESENTACIÓN PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

     
     

 E SE TAMÉN QUEREDES VER AS FOTOS DO ENSAIO XERAL PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

     
             
             

Powered by Drupal - Design by artinet