A esta edición acudiron 60 alumnos do Isaac Peral. A pesar da previsión negativa do tempo o día respetounos de principio a fin.
Antes de que oficialmente se dera comezo a Xornada, un lote de nenos e nenas xa estaban enredando nos xogos. Os XOGOS da xornada da mañá eran claramente asociativos, cooperativos, en fin, participativos e tamén talleres de trebellos de madeira, con avelás e coas bugallas dos carballos. As carrilanas, coma sempre, foron as máis solicitadas... pero cansa empurrar por elas!!!
A iso das doce e cuarto fíxose un descanso, repoñeron forzas, e así ata as dúas onde fixemos un alto para o xantar, pero nada de nada, aos 20 minutos xa estaban enredando ao que se lles ocurría...
Pola tarde houbo exhibicións de xogos dos maiores, Chave, Bolos,... e moitos xogos de habilidades manuais. Moito éxito tivo a loita galega: semellante a loita libre, é que o corpo a corpo segue sendo unha forma de medirse "como fan as crías de animais"....
Algún de sexto xa pedían poder participar para ovindeiro ano ... trataremos o tema cos Institutos aos que acudan.
Ás 17:45 estabamos de volta no cole. Recibimos o agrademento dos pais pola dedicación a unha xornada tan lúdica.
Dende aqui damos o noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración.
Para ver máis imaxes deste fantástico día preme debaixo.