Lema deste ano. |
||||
O 12 de maio, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 6º de primaria do Isaac Peral fomos ao Auditorio de Caranza para dicir, un ano máis, que ao galego non lle debemos pór cancelas. A actividade comezou ás 10:00 coa presentación a cargo de Luís o Caruncho, que animou ao público co lema deste ano, dándolle un toque persoal: EN GALEGO SEN CANCELAS, FALA EL, FALA ELA!!!
Logo, os alumnos de Ceip Centieiras de Fene, foron os encargados de ler o MANIFESTO do Correlingua. Este ano resultou gañador o manifesto do alumnado de 4º da ESO do Ceip Afonso VII de Caldas de Reis. Despois actuou PABLO DÍAZ e a súa banda TIC TAC e TOC TOC
|
||||
A continuación estaba previsto facer un recorrido polo paseo marítimo de Caranza, pero houbo que suspendelo porque ameazaba con choiva. UNHA MÁGOA!!! Xa que o paseo marítimo convertiríase nun escenario moi colorido, grazas ás gorras laranxas que recibimos de agasallo de parte da organización. PREME NO CORREDOR PARA VER MÁIS IMAXES DESE FANTÁSTICO DÍA. |