O xoves 11 de maio máis de mil estudiantes e Guadi Galego déronse cita nun marco pouco habitual para eventos educativos e musicais: o estaleiro Navantia.
Alí gravaron un video interpretando un tema da cantante titulado Chea de vida.
Esta multitudinaria actividade intercentros foi promovida polo Centro de Formación e Recursos do profesorado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.