Durante o mes de Abril, a comunidade educativa do Isaac Peral conmemorou o centenario da obra da poetisa Gloria Fuertes con moitas e diversas actividades que encheron de música, poesía e cor as aulas e mesmo o patio da escola.
No tempo lector, o alumnado escolleu un poema para levar ás aulas e ensinarllo ós compañeiros doutros cursos: recitando, debuxando ou cantando os poemas favoritos da autora, facendo as delicias de mestres e amigos.
NO LIBRO DA AUTORA PARA VER AS FOTOS DA NOSA GALERÍA
Estos son algúns dos recordos que fixemos para agasallar aos compañeiros...
moito aprendimos e gozamos con Gloria Fuertes!!
Aquí temos a representación do poema que fai o alumnado de 5 anos A ao alumnado de 6º de Primaria
Neste vídeo podemos ver ao alumnado de 5º B de primaria recitando o poema "Para dibujar un gato" na aula de 5 anos A.
Celebramos o Dia do Libro enchendo de cor o patio da escola. Todos os nenos e nenas deixaron o recordo dos poemas aprendidos escribindo ou debuxando con xices de cores, ademáis de bailar e cantar, festexando xuntos o fermoso día.
VISITADE A NOSA GALERÍA DE IMAXES PARA VER MÁIS FOTOS DESTE DÍA TAN FERMOSO.