OS MAIOS 2017

     
     
   
   "FERROL DE FLORES CUBERTO"  

                                                                              

  O xoves, 3 de maio. os coles de Ferrol celebramos os maios nunha xuntanza na praza de España.

A festa estaba prevista para o venres, pero houbo que adiantala  pola  previsión meteorolóxica de mal tempo para o día seguinte.

MELLOR ASÍ!!!

O ano pasado, xa non se poidera celebrar esta xuntanza porque houbera que suspendela por mor do mal tempo.

Participamos nesta xuntanza 14 centros de Ferrol.

Do noso cole acudimos todo a alumnado de primaria. Os nenos e nenas de Infantil quedaron no cole confeccionando dous fermosos maios.

 
   
 

 Os alumnos de primaria tamén confeccionamos outro maio, alí, na praza.

Mirade que bonito quedou!!!

                                                            

 
   A cerimonia estivo presentada polos " GHAZAFELHOS ".  
 

O noso coro, en representación de todo o colexio, subeu ao escenario para cantar unha cantiga que elaboraron coa profe de música.

  
  Todos estaban moi guapos e fixéronno moi ben!!!  
 

Unha vez que actuaron todos os centros houbo un pequeno descanso para repoñer forzas.

A organización agasallounos cunha mazá e unha botella de auga para merendar.

Para rematar a festa " UXÍA LAMBONA E A VACA MOLONA " fíxonos brincar e bailar.

Aquí vos deixamos un video desta banda para que vexades e escoitedes unha das moitas cancións que nos cantaron.

 
  Se queredes ver máis fotos deste marabilloso día pincha na flor.      
     
        
     

Powered by Drupal - Design by artinet