Orientación

  •                  
                 
       

     

       Orientación 
             
       

    O centro dispón dunha vía permanente de asesoramento ao profesorado e ás familias levado a cabo pola orientadora. As súas competencias veñen determinadas no Decreto  polo que se regula a Orientación educativa na Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 120/1998 do 23 de abril. DOG. 27/4/98).

    Entre as funcións do orientador/a en Educación Primaria resaltamos as seguintes:

    CO ALUMNADO: ATENCIÓN A DIVERSIDADE

    • Potenciar a oreitación, a cada un de acordo coas súas características e necesidades propias.
    • Contribuír ao desenvolvemento de capacidades xerais: aprender a pensar, aprender a aprender, mellora da intelixencia, etc.
    • Contribuír á dimensión moral e cívica da educación e, en xeral, ao desenvolvemento dos eixos de contido transversais do currículo.
    • Contribuír ao desenvolvemento nos alumnos de actitudes e comportamentos persoais e sociais positivos.
    • Colaborar co resto do profesorado e coas familias no afrontamento de problemas de conducta cando cheguen a presentarse.
    • Colaborar co resto do profesorado para anticiparse á aparición de problemas xeralizados de aprendizaxe.
    • Realizar a avaliación psicopedagóxica previa.

    CO CENTRO E CO PROFESORADO

    Colaborar na elaboración e no desenvolvemento do Proxecto Curricular e da Programación Xeral Anual do centro.
    •  Asesorar técnicamente aos órganos directivos en materia de intervención psicopedagóxica especializada, programas de desenvolvemento individual, reforzos ou apoios específicos e criterios de avaliación.
    • Asesorar e apoiar ao profesorado no desempeño da función titorial, así como en materia de organización, agrupamento e dinámica de grupos.
    •  Facilitarlles aos profesores a utilización de técnicas específicas instruccionais relativas a hábitos de traballo, técnicas de estudio, programas de ensinar a pensar.
    • Axudalos igualmente na posta en práctica de técnicas de relacións humanas, dinámica e xestión de grupos, entrevista de asesoramento, liderado, etc.
    • Colaborar co profesorado na prevención e na pronta detección de problemas ou dificultades educativas, de desenvolvemento e de aprendizaxe.
    • Asesorar aos profesorado cara a realización dunha avaliación continua e integradora.
        
              

Powered by Drupal - Design by artinet