A semana do 20 ao 24 de febreiro, o noso cole celebrou o seu entroido con mandados que gardaban relación coa temática da igualdade.
Como colofón de festa, o venres 24, desfilaron os nenos e nenas ataviados/as cos seus disfraces e os mestres puxéronse na pel de alumno por un día disfrazándose de colexiais alegres e rebuldeiros.
De seguido houbo sesión de disco, onde todos desfrutamos e bailamos ao ritmo das cancións de moda.
Despois de tanta festa tocaba repoñer forzas coas típicas sobremesas de entroido que aportaron as familias. Desde aquí queremos dar as gracias pola súa implicación nesta festa. E, como é costume que as familias sexan moi xenerosas e abundantes na súas aportacións, o excedente de todas estas deliciosas sobremesas foi levado á Cociña Económica. Así que agradecemos a súa colaboración por partida doble!!!!! |
||||||
A queima do "meco" puxo fin a tanta festa.
Que mágoa!!! |
||||||
Preme na imaxe para ver máis fotos desta festa. |
||||||