|
||||||
Traballar as emocións na aula parece que é abrir a porta as aprendizaxes e a mellor forma de mellorar a convivencia. O alumnado aprende a autorregular a súa conduta cada día. Queremos que aprenda a resolver conflitos e temos que ensinarlles, e teñen que aprender. |
||||||
Axudamos ao noso alumnado a falar das emocións poñendo palabras aos sentimentos. |
||||||
Este curso imos poñer tamén sentimento nas palabras. Seguimos a traballar no difícil tema da prevención do acoso escolar cun novo proxecto TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS. Pretendemos que este proxecto sexa un proxecto de centro, tamén voso, das familias. Como cada proxecto novo que se implementa no colexio, queremos coñecer o que como comunidade escolar entendemos por "acoso". Chamamos a este proceso IDEAS PREVIAS. Nos gustaría que colaborarades a poñer freo ao acoso escolar. Necesitamos a vosa colaboración. Dentro duns días os vosos fillos e fillas preguntarán na casa se sabedes o que é o acoso e vos pedirán que o escribades nun papel. Agradeceríamos que adicárades un tempo a escribir unhas palabras nese anaco de papel e que volva de novo a escola. Moitas grazas pola axuda. Seguiremos en contacto para traballar xunt@s sobre o tema. |
||||||
PLAN DE CONVIVENCIA DO CEIP ISAAC PERAL |