MAGOSTO 2016

       
     Outono!! Tempo de castañas.    
       
   

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoNo CEIP ISAAC PERAL gústannos as tradicións. Por iso todos os anos cada familia aporta castañas, que unha vez asadas, degustamos todos xuntos no patio, acompañados dun bo vasiño de leite!!!

Pero antes de comer as ricas castañas, algúns alumn@s de 5º e de 6º, que forman parte do coro, ofrecéronnos unha fermosa actuación: cantaron unha canción popular galega que conta a importancia que tiña, e segue a ter, o gaiteiro nas nosas festas galegas.

O día en que tradicionalmente se facían os magostos era o 11 de novembro, día de San Martiño, xustamente o día en que nós o celebramos. Por iso o coro cantounos a canción "OS MOZOS DE SAN MARTIÑO"

   
    Pero... falando do magosto temos que lembrar o noso castiñeiro que está ahí... mirando as festas....    
   
   
         
     E escoitade como o alumnado de 4º B fálannos do magosto e ... tamén cantan    
       
         
     Así, no noso colexio, seguimos a tradición e celebramos unha vez máis.     
           MAGOSTO         
    Tamén fixemos e decoramos unhas castañas xigantes e murais onde a protagonista era a castaña.     
    As familias colaboraron realizando con tetra briks uns envases para botar as cascas.     
    Realmente eran espectaculares!!!  Graaazas as familias!!!    
    Aquí tedes algunhas imaxes.    
    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo    
     Actuación do coro cantando a fermosa canción:    
    "OS MOZOS DE SAN MARTIÑO"    
    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo       
         
       
     Que voces!! De aquí ao programa de "LA VOZ"!!     
   

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Cada familia aportou castañas, que foron asadas nun forno.

Pero este ano, como novidade, Pepín asou unhas poquiñas

no patio para os nenos e nenas celiacos.

Estaban deliciosas!!! 

   
         
    Así viviuno o noso alumnado no patio. Escoitade.... escoitade!!!    
       
    Por fin chegou o tan ansiado momento de tomar as castañas!!!    
     Que ricas estaban co vasiño de leite!!!    
     Comeuse e bebeuse ata fartar!!!    
   

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
   

 Para ver todas as fotografías hai que premer na castaña    

   
    De novo grazas ás familias pola súa colaboración!    
         

Powered by Drupal - Design by artinet