Os días 10, 11 e 12 de maio celebraremos un mercadillo de libros na sala de Usos Múltiples do centro. O horario para as familias será das 16h ás 18h. |
||||||||||||||
A idea xurdiu pensando na forma de motivar ao amor pola lectura, e poder achegar dun xeito máis económico libros que xa non se usan nas nosas casas, e que poden facer a ledicia doutros nenos e nenas do noso colexio. |
||||||||||||||
A ANPA do centro encárgase de organizar este mercadillo, en colaboración co grupo dinamizador da biblioteca. |
||||||||||||||
Esta actividade, ademais de pretender o fomento da lectura en familia, vai ser tamén un acto solidario: a recadación será entregada para os damnificados do terremoto de Ecuador. |
||||||||||||||
, por colaborar sempre. |
||||||||||||||
Finalizada a actividade "Mercadillo de libros", recadáronse 340 euros que foron ingresados o día 20 de maio a beneficio de: "AYUDA ECUADOR CÁRITAS".
|
||||||||||||||