Cada día do curso, a lectura é como o ingrediente básico da nosa aprendizaxe. Pero chegado abril, parece como se tal ingrediente pasase a formar parte dun banquete para agasallar a autores, libros, personaxes...
A festa literaria empezou o día 2 de abril co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Este ano foi Brasil o país encargado de realizar o cartel anunciador de tan señalada efeméride, co lema "ÉRASE UNA VEZ..."
Premer para ler o relato en forma de conto da escritora Luciana Sandroni -Brasil-.
Prefiren escoitalo? Os alumnos e alumnas de 4º B prepararon a lectura e foron á nosa radio, para demostrar que se lemos moito, acabamos lendo moi ben.
23 de abril - DÍA MUNDIAL DO LIBRO: Un día simbólico para a literatura mundial debido a que nese mismo día de 1616, coincide o falecemento de grandes escritores como CERVANTES, SHAKESPEARE, e INCA GARCILASO DE LA VEGA.
A mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, para esta celebración mundial do libro di:
"Non hai nada como un LIBRO. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e culturas. É unha forza para crear e compartir a sabiduría e o coñecemento".
FERROLEANDO polas rúas de moitas cidades atopámonos con que CERVANTES segue vivo nas letras e tamén na arte:
Preparándonos para o día 23 de abril, estivemos a ler diversos textos do Quixote.
Para os máis pequenos "DON QUIJOTE DE LA MANCHA DE FÁCIL LECTURA"
Para os maiores: "EL QUIJOTE EN VERSO"
O alumnado tamén homenaxeará a Cervantes escribindo:
Chegado o día faremos unha exposición no patio con todos os microrrelatos.
E... chegou o día...
Os nenos e nenas de cada aula colgaron as cartulinas coas frases en honor a Cervantes no patio, para que as mamás e os papás puidesen deleitarse con tanta expresión literaria!!!
PREMER: MERECE A PENA VER MÁIS FOTOS
: contando coa colaboración das familias, faremos unha exposición de obras de Cervantes na biblioteca "ANTÓN CORTIZAS".
Unha vez máis as familias fixeron posible esta actividade.
Nenos e nenas de todos os cursos foron ver a exposición, que sentiron como algo propio.
CLIC PARA VER TODAS AS FOTOS DA EXPOSICIÓN
E mentres nos achegábamos ao Día do Libro, fomos vendo. . . e cantando. . .