O xoves, 17 de marzo, o CEIP ISAAC PERAL recibiu a visita de Teresa González Costa, que chegaba de Francia.
A autora do libro, reuniuse con nós, alumnos de 5º.
Teresa falounos de sí mesma, das súas vivencias, dos seus soños e mesmo dos agasallos da súa primeira comunión.
Animounos a falar con ela do seu libro e das personaxes do mesmo, e explicounos aspectos interesantes da historia nos que, a maioría, non reparáramos e algúns moi relacionados coa súa vida.
Tamén cantamos unha canción en francés, adicada a CELERÍFERA, a bicileta protagonista da historia.
Como agasallo, entregámoslle un libro que recollía os debuxos que fixéramos, baseándonos na historia, un prato de cerámica e dúas manualidades de bicicletas feitas por dous compañeiros.
Ela asinou gustosa os nosos libros e escribiu unha dedicatoria en cada un deles.
Convertiu o seu paso polo colexio nuns momentos moi agradables.