|
||||||
Martes, 15 de marzo: ÁNXELA LOUREIRO visitou o noso Centro.
Ánxela naceu en Ferrol. É unha mestra á que lle encanta escribir, cantar e animar as reunións. |
||||||
|
Os nenos e nenas de 3ºde Primaria esparábana na biblioteca. Alí conversaron con ela sobre o libro "Ota quere voar". Ota é unha gaivota valente e curiosa que vive moitas aventuras.
|
|||||
Ánxela inventou unha estrofa e un xogo para palmear coa historia de Ota. Gustounos tanto, que nós acabamos o poema. E como gaivotas, botámolo a voar nas ondas da nosa radio: . |
||||||
QUEREDES ESCOITAR O SEU SON CLARIÑO E BEN ACOMPASADO?
|
||||||
Falounos de como se fixo escritora: inventando un conto para o seu fillo sobre caracois, "Viaxe de ida e volta", para que aprendera a respectalos.
|
||||||
Os nenos e nenas recibiron a Ánxela cunha canción, e a autora tamén animou a conversa intercalando cancións e xogos inventados alí mesmo. Un exemplo foi este poemiña: |
||||||
"Son un ledo caracol, vaia chuvia, vaia sol. Eu tamén son moi feliz, polas follas e a raíz".
|
||||||
DESPEDIRON A ÁNXELA CON PEQUENOS AGASALLOS FEITOS POR ELES. ELA ASINOULLES OS LIBROS. | ||||||
|
||||||
por animarnos a ser mellores lectores, e por facelo cun sorriso. |
||||||
CLIC PARA VER MÁIS FOTOS | ||||||