O 24 de febreiro, celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro. A través dos versos da "Chorona" facemos unha viaxe pola paisaxe galega, envolta en música de paxaros, de ríos, de fontes e de bágoas provintes de mulleres e homes que abandonaron a súa terra, por mor da fame, que azotou Galicia, a mediados do século XIX. Este ano, os nenos e nenas do noso colexio estudamos na clase o poema "ALBORADA", coa finalidade de recitalo no patio, o día da homenaxe. Ademais ilustramos o poema xa mencionado, nunha tarxeta postal proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Deseguido enviamos a tarxeta ás nosas familias ou amigos. Amais, o mesmo 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía, cada curso adicoulle unhas verbas á nosa escritora universal, xusto na fachada do colexio, onde tódalas mañáns a escritora nos recibe. VELAÍ AS FOTOS DO ACTO |
||||||
SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DO ACTO PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO |
||||||
VELAÍ O POEMA
ALBORADA Vaite, noite, vai fuxindo. Vente aurora, vente abrindo, co teu rostro, que, sorrindo, a sombra espanta!
Canta! Páxariño, canta de poliña en póla que o sol se levanta polo monte verde, alegrando as herbas, alegrando as fontes! Canta, paxariño alegre, canta! Canta porque o millo medre, canta! Canta porque a luz te escoite, canta! Canta que fuxiu a noite. (Rosalía de Castro, 1837-1885) |
||||||
E AGORA MOSTRAMOS AS NOSAS TARXETAS
|
||||||
E como colofón, presentamos unha animación en plastilina, baseada nunha historia contada por Rosalía de Castro ao seu esposo Manuel Murguía. Esta historia Chámase 1853 O ANO DA FAME .
|