ENTROIDO 2016

             
 

      MANDADOS DO ENTROIDO      

 
   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
  


 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

LUNS

Este ano o antroido

dedicámolo a Ferrol,

e dos seus edificios

falaremos un montón.

Castelos temos na ría,

que os podes ver hoxe en día,

San Felipe, A Palma, San Carlos,

Todos, todiños, todos,

 debemos  de conservalos.

Nos castelos hai pantasmas?

Cabaleiros e grandes damas!

Usa a imaxinación

e disfrázate 

para a ocasión. 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo


 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
 

 

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 MARTES

No barrio de Ferrol Vello,

a cidade antiga está,

pero con moitas ideas

podémolo mellorar.

No peirao de Curuxeiras

os veciños

celebran A Parrocheira.

Velliño e destartalado,

máis fermoso e visitado,

con cariño hai que tratalo.

Ten unha idea brincadeira

e  vístete de peixeira

ou leva  calquera obxecto

da nosa  vida mariñeira.


 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo


 
 

  

 

  

 

MÉRCORES

Personaxes ilustres tivemos,

que Ferrol embeleceron

cun barrio moi elegante

para a xente moi importante.

Quédanos a Magdalena,

coidaremos moito dela!

É así como  Ferrol

lembrará a Ilustración.

O plano da Magdalena,

propón o seguinte tema,

como as rúas son tabletas

participa desta festa.

De chocolate virás

e a todos endozarás.

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

XOVES

Do Modernismo en Ferrol,

temos casas a mogollón.

Ucha e outros arquitectos

souberon realizar

estes grandes proxectos.

Para lembrar estes feitos

vestirémonos a xeito.

de albaneis  e pintores,

arquitectos ou aparelladores,

ou calquera profesión 

do ramo da construción. 

 
         
    

  Comezamos a semana do entroido cos mandados, o venres tivemos a festa do entroido con desfile, degustación de produtos típicos e baile do entroido. Pasámolo moi ben.

Rematamos á volta de vacacións coa queima do entroido.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

    
         
    Todas as imaxes do entroido están na nosa galería de fotos     
       

Powered by Drupal - Design by artinet