A ESCALETA DA |
||||||
SUBE NA CHALANA E REMA CON NÓS!!! ESTES SON OS ESPAZOS QUE PODES ESCOITAR NA NOSA RADIO |
||||||
OLLO DE BOI: A XANELA DAS LETRAS. Se che interesa a lectura podes atopar neste espazo a información de libros que te levarán a disfrutar coa súa lectura. Animámosvos a que nos axudes a facer este programa! | ||||||
AVISO PARA NAVEGANTES. Queremos que atopes aquí noticias moi interesantes da nosa comunidade escolar. | ||||||
REDES. Enredaremos co deporte. Queremos recuperar os xogos tradicionais na escola e que no recreo todas e todos xoguen e se divirtan de xeitos diferentes. | ||||||
MANDA TOLETE!. Nós podemos mellorar o mundo!!! Trataremos de estar rápidos en denunciar as cousas que pensamos que deben ser cambiadas. | ||||||
GAIVOTAS EN TERRA. Oteando desde o ceo, as gaivotas falan unhas con outras. Nós falaremos tamén e entrevistaremos a moitísima xente que sabe moito e aprenderemos dela. | ||||||
NORDÉS. Ponte ao pairo co vento nordés, que este é o sitio da publicidade ao revés. | ||||||
O PESCADOR PESCADO. Tírate pola borda da risa se non podes aguantar! Facemos bromas e contamos chistes porque nos gusta que a xente ría! |
||||||
O TAMBUCHO: ESPAZO ADICADO A TIRAR MUROS E RECONCILIARNOS CO MAR DE FERROL. Cantas palabras sabes que teñen que ver co mar? Adicamos un tempo a esas palabras que falan del: nomes de peixes, de aves, expresións, partes do barco, nomes mariñeiros. Ferrol ten mar e queremos coñecer todo o que fale del . Do tambucho quitamos palabras para nomear, do tambucho si, do tambucho! |
||||||
ARRÍA O RIZÓN! Como habíamos quedar sen adicar un tempo ás excursións? Cando saímos de excursión gústanos moito falar do sitio escollido, e mesmo á volta seguimos dalle que dalle... | ||||||
A MAROLA. Queremos que as familias falen na escola. É por iso que lles deixamos un espazo para elas na radio. |
||||||
NA RIBEIRA. Molla os pes coas nosas ondiñas porque escoitarás contos e adiviñas! Poesías non han de faltar, esperamos que as nosas historias non te vaian marear! | ||||||
TERRA Á VISTA! Como imos quedar sen concursar? Participa nos nosos concursos propostos pola radio, non gañaremos cartos pero os retos farán que penses a diario! | ||||||
CANTOS DE SEREA. Sabedes que nos gusta moito a música, cantar, bailar e escoitar. A música na nosa chalana non pode faltar! | ||||||
MENSAXES NA BOTELLA. Imos deixarte na botella unha frase que che faga pensar, unha frase que prendas no corazón, unha frase para compartir, unha frase con ilusión. | ||||||
VAS AO GARETE? Os traballos por proxectos é obrigado compartilos, farémolo para que a chalana te leve cada día con máis sabedoría! | ||||||
Preme aquí e escoitarás a escaleta
|
||||||