|
|
|||||||||
AS NOSAS PANXOLIÑAS |
||||||||||
Alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º dedicáronnos unhas panxoliñas ensaiadas durante varias semanas coa súa profe de música Marián Aquí están os nosos pequenos artistas... |
||||||||||
|
||||||||||
LIBROS PARA NADAL |
||||||||||
Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca | ||||||||||
Premendo na imaxe poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca | ||||||||||
|
GUÍA DE LECTURA NADAL 2015 |
|
||||||||
Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca |
||||||||||
|
||||||||||
ASÍ FELICITA O NOSO ALUMNADO |
||||||||||
Todos os anos o noso alumnado elabora as postais de Nadal para felicitar ás familias. Aquí tedes unha pequena mostra os seus traballos |
||||||||||
|
|
|||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
||||||||||
O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
||||||||||
Pois ben, este ano tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes. O noso alumnado participou no IV concurso "Coñecendo ao Apalpador" organizado pola Fundación Artabria. Parabéns a todos os participantes e en especial aos gañadores. Aquí tedes algúns debuxos do noso alumnado:
Premendo na imaxe accedese a todos os gañadores do noso centro |
||||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
||||||||||
|
||||||||||
E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas: "A VISITA DOS REIS MAGOS" Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes! Premendo na imaxe accédese ás fotos onde se poden descargar |
||||||||||
Estaremos de vacacións ata o 7 de xaneiro. As clases comezarán o VENRES 8 de xaneiro no horario habitual |
||||||||||
|
||||||||||