Os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a LEANDRO LAMAS na biblioteca o venres, 12 de xuño.
Leandro aceptou a nosa invitación para participar no proxecto da nosa biblioteca: "Ferroleando polos lenzos".
O colofón a este proxecto foi poñer o nome dun pintor ou pintora a cada un dos nosos corredores.
Mentres non chegaba o día da inauguración, fomos traballando a lectura e a pintura axudados polas obras de Leandro: dos seus cadros e de libros ilustrados po el.
Para coñecer un pouco máis a Leandro elaboramos unha pequena biografía:
CLIC PARA PODER LER
Como era para nós un invitado moi especial fixémoslle unha presentación.
O pintor quixo agasallalos coa lectura do libro "O xardín de Irene", escrito por Xosé Neira Vilas e que está ilustrado a toda cor por Leandro.
Ademais Leandro sorprendeunos debuxando nun tris a "nena protagonista no seu xardín".
Os nenos tamén lle regalaron a Leandro debuxos feitos por eles e un libro con moitas imaxes.
E chegou o momento máis esperado!
Baixamos ao corredor de educación infantil, e alí vimos comoLeandro descubriu a placa da "súa rúa":
A túa rúa é sempre moi buliciosa; e seguirá, a diario, chea de cores e risas dos nosos nenos e nenas.