MARÍA JOSÉ LEIRA VISITA O ISAAC PERAL

             
     

     
             
     

Martes, 9 de xuño, arribou ao colexio Isaac Peral

un mar cheo de sensibilidade e cor: a pintora

MARÍA JOSÉ LEIRA AMBRÓS.

     
     

Esperábana na biblioteca os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria

     
     

  

     
     

Recibírona cunha presentación que o alumnado xa traballara nas aulas.

     
     
     
     

A pintura de María José Leira é un mundo cheo de sentimentos e emocións.

As súas flores, as ventás abertas, as súas imaxes urbanas, os seus homes, mulleres, nenos e nenas... As vivas cores dos seus cadros, os seus azuis luminosos e profundos.

     
             
     

Con motivo do noso proxecto "Ferroleando polos lenzos", pensamos en María José para achegar ao noso alumnado a cultura artística de Ferrol.

E decidimos que un dos corredores do noso colexio debía levar o nome da pintora, pasando a chamarse:

     
     

      

     
       María José descubriu a placa da "súa rúa", decorada para a ocasión con cadros feitos polo alumnado inspirados na súa obra.      
     

  

     
     

Agasallounos cunha pintura que fará medrar a nosa "Praza das Artes".

A rúa estaba moi concurrida.

     
     

              

     
      Deixaches abertas as portas do noso corazón coa túa amabilidade, sinxeleza e sabedoría.      
         por transmitirnos unha profunda gama de emocións.        
     

PREMER NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

     
             

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet