Cada curso esperamos que suceda. E sucedeu o mércores, 27 de maio: ANTÓN CORTIZAS chega á nosa biblioteca, e todos os alumnos e alumnas de 4º saltan de alegría. | ||||||
Antón, que ademais de escritor, dedicouse á ensinanza, sabe canto lles gusta falar, e empezou este encontro preguntando: |
||||||
POR QUE ESTOU AQUÍ? | ||||||
As respostas sairon á coro: "Porque es o noso padriño". "Porque lemos un libro teu". "Porque te queremos e admiramos".
|
||||||
Ao fío das respostas, Antón e os nenos pasaron a comentar a obra lida: | ||||||
"OS AMORES DE BRUNO": un rapaz que vai a unha escola na que hai nenos de todas as razas e cores. |
||||||
O autor failles pensar sobre o sentido da discriminación, e sobre o feito de que, no fondo, todos somos iguais, ainda que "por fóra" parezamos diferentes. | ||||||
Ahora tocaba reflexionar un pouco para completar a frase proposta por Antón: "Se eu fose diferente..." |
||||||
Para animalos el púxolles o seu exemplo: "Se eu fora diferente as flores ulirían en todo o universo". Nenos e nenas pensaron e dixeron moitas. Antón concluíu: "Como eu son diferente..., todos estes soños pasan. Todos somos iguais". |
||||||
A TRABALLAR COAS MANS! | ||||||
Antón sabe da importancia de traballar coas mans e animounos a facer unha paxarela: "Xogar co papel desenvolve a imaxinación, axuda a ser precisos, a ter calma..." Como o papel da para moito, tamén fixo chifres e un xogo de vaso e pelota.
|
||||||
A VOLTAS COA POESÍA | ||||||
A modo de grazas, o alumnado recitou dous poemas que inventaron para el: un, relacionado cos valores que atoparon no libro "Os amores de Bruno"; e outro, xogando cos títulos dalgunhas das súas obras. | ||||||
CLIC NOS POEMAS PARA PODER LER | ||||||
Entre todos regaláronlle un libro. Antón pediulles un agasallo moi especial: "Que nos recreos dos xoves e os venres falaran galego entre eles. Se unha lingua non se fala, desaparece".
|
||||||
|
||||||
CLIC NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS |
||||||