|
||||||
Este mes de maio, os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria acudimos unha vez máis ao noso benquerido teatro Xofre. Esta vez tivemos a oportunidade de escoitar e participar, nun concerto didáctico do dúo Bellón-Maceiras organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol. Desfrutamos moitísimo, ademais de aprender unha morea de cousas sobre música. O coñecido dúo musical explicounos as distintas partes dunha gaita, as do tambor e as do acordeón; ademais dos diferentes ritmos da música tradicional galega. Mesmo nos falaron da orixe de palabras tan nosas, coma a "MUIÑEIRA".Contáronnos que a palabra facía alusión á danza que bailaban os mozos e mozas ao sair de traballar do "muiño". FIXÁDEVOS QUE ENTRETIDO ESTIVO! |
||||||
VELAÍ TEDES AS FOTOS DA ACTIVIDADE
|
||||||
Se desexades ver máis fotos do acto, só tedes que premer na caricatura de Bellón-Maceiras. |
||||||
XA VÍSTEDES AS FOTOS? POIS AGORA PODEDES DESFRUTAR VÓS TAMÉN, DUN VÍDEO FEITO EN iTALIA POR ESTES MÚSICOS, TOCANDO UNHA PECULIAR VERSIÓN DO TEMA "UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO" i |
||||||
MÁIS INFORMACIÓN DESTE DÚO MUSICAL PREMENDO NESTA IMAXE. |
||||||