|
||||
|
||||
O alumnado de 5º participou nunha charla para a prevención do consumo de tabaco. Nesta ocasión contamos coa colaboración de Pepe Luaces, pediatra do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Reflexionou co noso alumnado sobre o significado dunha de adición, tratando de por en valor o bo uso da libertade que temos. Puxo de manifesto con moitos datos que a persoa que fuma ten reducida a sua capacidade de decidir, poñendo en valor a posibilidade que temos de decir non. O alumnado comprendeu a composición do tabaco e o significado da manipulación da industria tabaquera.
Insistiuse moito na posibilidade de reducir os cancros directamente relacionados co consumo de tabaco e que producen ao ano mais mortes que os accidentes de tráfico. Sorprendeunos cos datos. Tratouse, en definitiva, dunha charla estupenda de filosofía para nenos e nenas.
Grazas pola colaboración! Esperamos que os expertos sigan acudindo como ata agora a nosa chamada.
|
||||
|
||||
prema na imaxe |
||||
|