O venres, 15 de maio, celebramos os maios. | ||||||||||
Coma sempre contamos coa colaboración da Asociación Artábria, que este ano aportou catro estruturas. |
||||||||||
Todos os nenos e nenas trouxeron a súa flor ou verde e así poidemos elaborar un maio por ciclo. | ||||||||||
Preme na flor para ver máis imaxes |
||||||||||
Arredor do maio cantamos a canción que compuxeron os nenos e nenas de Infantil coa axuda da profe de música. | ||||||||||
As coplas inventadas foron as seguintes: | ||||||||||
Neste día tan fermoso vimos todos a cantar este maio do colexio que chaman Isaac Peral. |
|
|||||||||
Neste cole traballamos e tamén estudamos cando chega o recreo sen parar imos xogar. Cando chega o recreo sen parar imos xogar. |
||||||||||
Neste novo curso estreamos E-DIXGAL. O principio toleamos mais non che está nada mal. O principio toleamos mais non che está nada mal. |
|
|||||||||
Xa temos que ir rematando que queremos descansar estamos un pouco cansos e queremos merendar. Estamos un pouco cansos e queremos descansar. |
||||||||||
E ASÍ AS ENSAIAMOS....
|
||||||||||