A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

                       
         
                                                   
               
     

O pasado 27 de abril, os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º acudimos a unha cita co teatro, no Xofre. No seu escenario representábase " A nena e o grilo nun barquiño". Pasámolo moi ben! Pois a obra resultou ser unha auténtica viaxe a un mundo de aventuras, soños, creatividade, poesía e música. A peza estaba protagonizada, por unha nena soñadora e un  grilo polifacético capaz de elaborar con globos, flores que agochaban sentimentos, ou de facer voar avións de papel, que narraban contos escritos! Foi unha verdadeira viaxe ao mundo máxico da vida, aderezada con confeti multicolor, que estoupaba dende o escenario.

VELAÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS

       
   
    
     
              
    SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS DA SAÍDA, PREMEDE NA MÁSCARA DE COMEDIA DO XOFRE.       
             
     

 E PARA REMATAR, PRESENTÁMOSVOS UN PEQUENO VÍDEO CON ANACOS DESTA OBRA, FEITA NOUTRO LUGAR DE GALICIA.

 

     
                   
             

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

Powered by Drupal - Design by artinet