CONTACONTOS: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS

             
   

 

 

 

   

     
             
     

O xoves, 30 de abril, os nenos e nenas de Educación Infantil subiron á biblioteca. Esperábaos o contacontos IAGO LÓPEZ que, por xentileza de XERAIS, veu para impartir unha sesión de animación á lectura cun conto:

     
     

Trátase dun álbum ilustrado que fala dunha nena con moitos medos:

"Tantos medos ten Augusta que non a deixan nin ulir, nin viaxar, nin falar, nin sorrir!!!"

 

 

     
       Nenos e nenas axiña se mergullaron na historia, porque: quen non ten algún medo?      
     

       

 

     
     

 Medo non, pero sí levaron un bo susto cando, con moito misterio, Iago abriu unha caixa de repente:

"Sorprendida quedou

co que dentro encontrou!"

     
     

       

 

     
     

 Con Augusta descubriron que a mellor forma de superar os medos é pedindo axuda e enfrontándose a eles.

  a Iago e a Xerais por poñer un final tan emotivo ao mes do libro no noso cole.

     
     

 

 

Queres ver outros contos que tamén axudan a superar medos?

Preme nas imaxes.

     
     

   

     
     

 CLIC NA IMAXE PARA  ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

 

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet