O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propómosvos un agasallo para os vosos fillos e fillas nestas datas. Un libro ensina, ilustra, entretén, compártese, … Cun libro conversamos, melloramos a expresión, estimulamos a imaxinación, transmitimos valores. Un libro debe figurar entre os presentes dos nosos nenos e nenas nestes entrañábeis días. Por iso suxerímosvos un agasallo divertido e educativo, o mesmo para todo o alumnado do mesmo nivel, un libro que nos permita ler e comentar de forma colectiva na aula .
· 3 ANOS: “OS ANIMAIS DA GRANXA” , BAÍA EDICIÓNS
· 4 ANOS: “ORELLAS DE BOLBORETA”, KALANDRADRA
· 5 ANOS: “PACO, PAPÁN” , OQO EDITORA
· 1º: “NUBE BRANCA” , BAÍA EDICIÓNS
· 2º: “O LADRÓN DE SOÑOS” , XERAIS
· 3º: “A BOA E A AVOA”, EDICIÓNS EMBORA
· 4º: “CADERNO DE LÚAS” , EDITORIAL BULULÚ
· 5º “XOELINKY OS ORDENADORES SECUESTRADOS. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA” (EDICIÓNS MOITO CONTO)
· 6º: “SIRA E O ROBOT , CRAZY TIMES ON PLANET EARTH “ , CONSORCIO EDITORIAL