Skip to Content

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA

 A NOSA HOMENAXE A ANTÓN FRAGUAS

 

     A Real Academia Galega dedica o ano 2019 a homenaxear  a figura de Antonio Fraguas, destacado    historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. Con este motivo o  Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística queremos facer  a nosa humilde contribución á homenaxe do autor. Coa vosa axuda faremos unha exposición de pezas antigas  para lembrar as nosas raíces. Poden ser apeiros de labranza, da casa, de traballar o liño, pezas de roupa (traxe tradicional, colchas,..), ferramentas de oficios (cesteiro, zoqueiro, afiador,...) ; non poderán ser posteriores á década dos setenta do século pasado.  Deben entregarse  en secretaría  durante o mes de abril. Daremos un  recibo co material aportado para recoller antes de que remate o presente curso.

 



page | by Dr. Radut