Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

CONTACONTOS INGLÉS-GALEGO

CHARO PITA E TIM BOWLEY

 

Un ano máis o  noso alumnado de 3º ciclo de primaria  asistiu a unha sesión de contos en inglés e galego co patrocinio da editorial Oxford  a cargo de:

*Charo Pita, actriz, cantante e contadora de historias,  

*Tim Bowley, escritor  e narrador especialistas en historias de tradición oral de outras épocas e de todo o mundo

 

 

CO NADAL CHEGA O APALPADOR

IMAXES CO APALPADOR

 

Como cada ano polo Nadal o Apalpador baixa das montañas de Galicia para deixar nas casas das nenas e nenos castañas e outros agasallos; ademais e terse portado ben durante todo o ano hai que comer todo o que mande papá e mamá. Así de contentos posan os axudantes de Papá Noel co seu amigo o Apalpador.

        

                                  O APALPADOR - INFANTIL - CURSO 14-15 by Slidely Slideshow

POLO NADAL, PON UN LIBRO NAS SÚAS MANS

Libros recomendados polo ENDL como agasallo para estas festas

 

 

PON UN LIBRO NAS SÚAS MANS

              

                                                More presentations from ceipirmansvillar

CONCURSO DE SLOGANS NO DÍA DA BIBLIOTECA

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

Entre os moitos slogans e debuxos que o noso alumnado fixo para celebrar o Día da Biblioteca , seleccionamos os seguintes, que como podedes observar son excelentes pois o nivel acadado foi extraordinario. aquí vos deixamos cunha pequena selección

ADICA HORAS Á LECTURA E VIVE A TÚA PROPIA AVENTURA

SE QUERES AVENTURA...LÁNZATE Á LECTURA

LER, O MELLOR PARA APRENDER

MELLOR QUE UNHA ATRACCIÓN É UN LIBRO CON MOITA ACCIÓN

 

 

 

           

                                           DÍA DA BIBLIOTECA - CURSO14-15 by Slidely Slideshow

 

CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA 14-15

V CONCURSO-EXPOSICION DE FOTOGRAFÍA

CURSO 2014-15

TEMA:   A AUGA NO PAÍS DOS MIL RÍOS

 

·  Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente)

 

·  Formato dixital

 

·  Debe   figurar o nome do lugar e nome do autor/a

 

·  Haberá agasallos para as   mellores

 

·  Entregar no colexio antes do 30 de marzo de 2015

 

·  Farase unha exposición con todas as fotografías presentadas

Agradecemos  a vosa participación

 

 

 

ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN Á LECTURA

AS FAMILIAS CONTAN. CONTAMOS CONVOSCO

  Se tes relación co alumnado do noso  colexio convidámoste  a vir   ao noso centro para participar nunha actividade de animación á lectura entre o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria.  

  Contos  clásicos, tradicionais, de creación propia, ....       

   Podes traer ilustracións, monicreques, bonecos, ou outro apoio que consideres útil.

 

Ponte en contacto connosco e pasaremos  uns momentos divertidos

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2013-14

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2013-14

Os membros do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística informamos que, sobre a resolución do concurso de fotografía convocado para o curso 2013-14 co lema "O Entroido tradicional en Galicia", as fotografías presentadas non se adaptaban ao lema proposto, polo que foi declarado deserto.

CONTACONTOS PAIS - CURSO 13-14

                                    CONTACONTOS PAIS

 

LETRAS GALEGAS 2014

 

A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 21 de xuño de 2013, acordou escoller a  Xosé María Díaz Castro como intelectual ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2014, ano que coincide con primeiro centenario do seu nacemento.

 

"Penélope" é o poema máis editado e traducido de Díaz Castro no que denuncia o inmobilismo do país

 

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move...

 

O grupo musical A Quenlla convertiuno nunha fermosa canción 

 

 

 

                          VIDA E OBRA DE DÍAZ CASTRO

 

SUXESTIÓNS PARA A PAZ

Propoñémosvos a lectura dunha canción da artista brasileira Xuxa, pasada ao galego polo noso Equipo

ARCO IRIS
Vou pintar un arco-iris de enerxía
pra deixar un mundo cheo de alegría…
se está feo ou dividido,
vai ficar tan colorido…!
o que vale nesta vida é ser feliz.


Co azul eu vou sentir tranquilidade,
o laranxa ten sabor de amizade,
co verde eu teño a esperanza,
que existe en calquer crianza,
de enfeitar o ceo nas cores do amor…

Co amarelo, un sorriso pra iluminar,

feito o sol ten o seu lugar,
brilla dentro da xente,

Violeta, mais unha cor que xa vai chegar,
o vermello pra completar

meu arco-íris no ar.


Eo, eo, eo, eo, eo, eo...

Co amarelo, un sorriso pra iluminar,

feito o sol ten o seu lugar,
brilla dentro da xente,

Violeta mais unha cor que xa vai chegar,
o vermello, pra completar

meu arco-iris no ar.

Toda cor ten e si
unha luz unha certa maxia.
Toda cor ten en si
emocións en forma de poesía.
Toda cor ten e si
unha luz unha certa maxia
Toda cor ten e si
emocións en forma de poesía.

Eo, eo, eo, eo, eo, eooo...

 

Podedes ver o vídeo, escoitar a canción, e ler o poema en versión orixinal; veredes que non é tan diferente do noso idioma.

Esperamos que vos guste cantar con Xuxa para encher de cores o mundo.

 

ARCO-ÍRIS
 
Vou pintar um arco-íris de energia
pra deixar um mundo cheio de alegria
se está feio ou dividido
vai ficar tão colorido…!
O que vale nesta vida é ser feliz.


Com o azul eu vou sentir tranqüilidade,
o laranja tem sabor de amizade
com o verde eu tenho esperança
que existe em qualquer criança
de enfeitar o céu nas cores do amor.


No amarelo um sorriso pra iluminar

feito o sol, tem o seu lugar
brilha dentro da gente.

Violeta mais uma cor que já vai chegar,
o vermelho pra completar

meu arco-íris no ar.

Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.

Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.
Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.
Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.


No amarelo um sorriso pra iluminar

feito o sol, tem o seu lugar
brilha dentro da gente.

 

Violeta mais uma cor que já vai chegar,
o vermelho pra completar

meu arco-íris no ar.


Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.

Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.
Toda cor tem em si
uma luz uma certa magia.
Toda cor tem em si
emoções em forma de poesia.

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut