Skip to Content

SAMAÍN

 

                                                      

   

                                  

Samaín, significa o fin do verán, principio do inverno.

Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín,  era  o período máis importante do  ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o porco do samaín e concelebrar as festas  dos guerreiros.  Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e os seus moradores, ás veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas  ánimas errantes dos defuntos , adoitaban pór no     alto dos valados, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. Destas  crenzas célticas vén a tradición europea de facer caveiras na cortiza dos melóns ou cabazos. Esta tradición pervive hoxe con nomes diferentes: calacús, polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense.

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Os emigrantes europeos levaron esta tradición a terras americanas e alí transmutouse nun “carnaval” outonal.

A celebración orixinal non se chamaba Halloween, senón  SAMAN, SAMAIN ou SHAMHAIN (pronunciado “XAO-IN”), e comezou varios séculos antes de Cristo entre os antigos pobos celtas.

 

            

 



page | by Dr. Radut