MENSAXE DA TITORA DE 4º ED.INFANTIL
Enviado por admin o Ven, 03/04/2020 - 22:06
Parabéns polo voso traballo e esforzo, foron unhas notas xeniais e parabéns tamén polo ben que o estades a facer. Sodes uns campeóns e campeonas e estamos moi orgullosos de vos, gran exemplo estades a dar, quedando na casiña sen protestar para protexer aos demais.
Xa queda menos para vernos e para que volvades a encher coas vosas risadas este silencio : Valentina, Teo, Naiara, Simón, Manuel O, Manuel P, Lucía, Ángela, Leire, Lea, Sergio, Uxía, Marco, Iker, Guille, Sofía, Sara, Nico y Mateo.
Un forte e enorme bico para vos e para as vosas familias da profe Silvia.