PROXECTOS DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE
Ficha técnica
Institución:
- Presidencia da Xunta de Galicia
- Secretaría Xeral para o Deporte
- Fundación Deporte Galego
Ámbito: hábitos saudables / inclusión / mobilidade / desenvolvemento sustentable / medio ambiente / igualdade / dereitos da infancia
Definición:
O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.
- () Identificar todas as actuacións que se leven a cabo no centro educativo, xa sexa dentro como fóra do centro e dentro ou fóra do horario lectivo que fomenten a actividade física e os hábitos de vida saudable.
- () Dinamizar e promover hábitos de vida activa e saudable, rendibilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
- () Recoller a analizar os datos de consumos de actividade física, tanto ao inicio do proxecto como ao finalizar o mesmo, para evidenciar os posibles cambios conseguidos.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030
- ODS 3. Saúde e benestar
- ODS 4. Educación de calidade
- ODS 5. Igualdade de xénero
- ODS 10. Redución das desigualdades
- ODS 11. Cidades e comunidades sustentable
Temporización:
curso completo
Alumnado ao que vai dirixido:
Todos