Publicadas as bases para solicitar axudas para a adquisición de máscaras para o alumnado. Non teñen que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. Teñen que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións: • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. • Alumnado matriculado en educación especial. • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia. • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. Prazo de presentación: Do 15 ao 26 de novembro. Para descargar o formulario de solicitude, premede na imaxe. Para consultar a Orde premede na imaxe.
|
|||
|
|||
CIRCULAR INFORMATIVA Para consultar a circular informativa sobre o proceso de renovación parcial dos membros do Consello escolar, podedes premer na imaxe. |
|||
NOTA INFORMATIVA O próximo luns 11 de outubro foi declarado pola Consellería de Educación como día do ensino, polo que é día non lectivo e non haberá colexio. |
|||
|
|||
|
|||
Bo día, mañá comezamos un novo curso escolar. Deixamos a continuación unha nota na que se informa de aspectos importantes. Lembramos que mañá tamén comezan os servizos de mañanceiros, transporte e comedor. Premede na imaxe para consultar a nota.
Deixamos tamén un enlace no que podedes consultar o protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos Centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-22. |
|||
Podedes consultar o listado de material na seguinte presentación: |
|||
NOTA INFORMATIVA Por motivos de organización de centro, mañá martes 7 de setembro NON HABERÁ SERVIZO DE SECRETARÍA. Amplíase un día máis o plazo de presentación de autobaremacións para o servizo de usuarios de comedor. Así pois o plazo rematará o ventres 10 de setembro. |
|||
O horario de secretaría entre o 1 e o 8 de setembro sera de 10:00 a 13:00h. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »