Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2021-22

NOTA IMPORTANTE

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de praza para o curso 2021-22, en virtude do Art.9 do Decreto 245/2012 que regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, ao non existir máis solicitantes que prazas ofertadas, CONSIDÉRANSE ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES presentadas.

 

Lembrade que os admitidos deben formalizar a matrícula do 20 a 30 de xuño.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO

NOTA IMPORTANTE ACLARACIÓN ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

É preciso traer cubertos os datos da renta no apartado de baremación.

Instruccións de cálculo:

1.- Mirar na declaración da renda do ano 2019.

2.- Sumar as casillas 435+460.

3.- No caso de facer a declaración por separado habería que facelo coas dúas e despois sumar o resultado.

4.- Este resultado divídese entre os membros da unidade familiar obtendo así a renda per cápita.

 

 

CAMBIO MODELO SOLICITUDE DE ADMISIÓN

NOTA INFORMATIVA

Modificouse o documento de solicitude de Admisión de no alumnado. Xa está correxido. Podedes descargalo da presentación publicada na web no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgonzalotorrentecambre/node/528

Lamentamos os problemas que este cambio puidera ter causado ás familias.

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2021-22

O proceso de admisión de novo alumnado, comezará o próximo día 1 de marzo.

Para consultar toda a información referida a dito proceso, podedes vela na seguinte presentación.

O horario de atención ás familias que fagan a solicitude no centro, deberán facelo en horario de secretaría.

horario de secretaría é o seguinte:

  • De luns a venres de 9:35h. a 10:20h.
  • Luns de 16:30h. a 17:30h. 

PRESENTACIÓN CENTRO

Dado que este ano pola pandemia provicada pola Covid non podemos facer xornada de portas abertas, deixámosvos unha presentación coas principais características do noso centro.: horarios, servizos etc.

Si precisades algunha información máis, non dubidedes en consultalo no centro.

En breve publiaremos prazos e documentación para solicitude de matrícula.

MECO ENTROIDO 2021

ABALAR MÓBIL

Lembramos que a partir deste curso desde o centro usarase a aplicación Abalar Móbil como medio de envío de notificacións ás familias así como as cualificacións do alumnado.

Polo tanto cada familia debera tela descargada no seu teléfono móbil. En caso de non telo instalado deben de facelo. 

Deixámosvos un vídeo tutorial para a intalación da mesma. Premede na imaxe para velo.

 

 

Para descargar a aplicación premede nas imaxes seguinte:

                                                                           

 

ESPECIAL "CANTANDO COAS MANS"

Como xa vos dixemos en entradas anteriores, onte 26 de novembro, desde a FAXPG, fixeron un especial sobre o concurso "Cantando coas mans" na súa páxina de Facebook. Si non puidéchedes velo, agora podedes velo premendo na imaxe. O certo é que saímos moi ben parados, e sempre e bonito recordar o traballo feito en anos anteriores.

Esperemos que vos guste.

NOVAS CONCURSO "CANTANDO COAS MANS"

Hai novas sobre o concurso "Cantando coas mans" no ano 2020 organizado pola FAPG.

O próximo 26 haberá un especial online na súa páxina de facebook. Para saber á última nova premede na imaxe.

DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS, ALUMNADO PRIMARIA

Distribuir contido