NOTA INFORMATIVA Informamos que dende esta mañá xa está arranxado o problema co teléfono do centro. Un saúdo. |
|||
NOTA INFORMATIVA Informamos que no día de hoxe voltamos a ter problemas coa liña telefónica do centro. Unha vez avisados os responsables, a última hora da tarde aínda non estaba arranxado o problema polo que calquera comunicación deberá facerse vía correo electrónico. Avisaremos cando o problema esté arranxado por esta mesma vía e vía abalarMobil. Un saúdo. |
|||
Prezadas familias: Todo o profesorado do CEIP Gonzalo Torrente Ballester queremos desexar unhas Felices Festas e próspero Aninovo a toda a comunidade educativa, agradecendo a todos a súa colaboración nestes momentos tan difíciles. FELICES FESTAS!!!!
|
|||
NOTA INFORMATIVA As notas da 1ª Av. serán enviadas a traves da aplicación abalarmobil o martes 21 de decembro. Se algunha familia precisa telas en formato papel, pode solicitalo vía titoría. Un saúdo.
|
|||
NOTA INFORMATIVA Comunicamos que xa está arranxado o problema co teléfono. Lamentamos os problemas que esteincidente puidera ter ocasionado. |
|||
NOTA INFORMATIVA Comunicamos que desde o pasado xoves temos unha avería coa liña telefónica do centro que afecta tanto ao teléfono como a internet. Os avisos de comedor foron atendidos sen incidencias. Desde o momento en que se produxo a incidencia, están avisados os responsables encargados de solucionar o problema pero seguimos agardando a que nolo arranxen. Esperamos ter unha solución no día de hoxe. Para comunicacións ao centro utilizade o correo electrónico. En canto teñamos solucionado o problema avisaremos por esta vía. Lamentamos os posibles problemas que esta situación puidera ocasionarlles. |
|||
Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 (DOG Núm.104 do 4 de xuño), a xefatura territorial resolveu autorizar o día 7 de decembro como día non lectivo ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester, polo que o próximo martes 7 non haberá clase. |
|||
Onte xoves foi 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. No cole non queríamos ser alleos a esta lacra que tanto afecta á nosa sociedade, así que o noso alumnado realizou algunhas actividades de protesta. Aquí vos deixamos dúas delas. |
|||
Data, hora e lugar da votación das familias para e renovación parcial do Consello Escolar. Data: luns 22 de novembro. Hora: de 15:00h a18:00h. Lugar: biblioteca do centro. Para consultar toda a información do proceso podedes premer na seguinte presentación. |
|||
En relación coas instruccións da orde de distribución de máscaras, comunicámoslle o seguinte: No Anexo I da solicitude publicada no Dieario oficial de Galicia, omitiuse o campo relativo aos datos do alumnado para o que se solicita a axuda. Tendo en conta o breve prazo para a presentación de solicitudes, pódese inclúir na cabeceira da solicitude. Un saúdo. Podedes descargar o Anexo premendo na imaxe:
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »