NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Comunicamos que desde o pasado xoves temos unha avería coa liña telefónica do centro que afecta tanto ao teléfono como a internet.

Os avisos de comedor foron atendidos sen incidencias.

Desde o momento en que se produxo a incidencia, están avisados os responsables encargados de solucionar o problema pero seguimos agardando a que nolo arranxen. Esperamos ter unha solución no día de hoxe.

Para comunicacións ao centro utilizade o correo electrónico.

En canto teñamos solucionado o problema avisaremos por esta vía.

Lamentamos os posibles problemas que esta situación puidera ocasionarlles.