AXUDAS DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO

Publicadas as bases para solicitar axudas para a adquisición de máscaras para o alumnado.

Non teñen que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar  no curso 2021-2022.

Teñen que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo de presentación:

Do 15 ao 26 de novembro.

Para descargar o formulario de solicitude, premede na imaxe.

Para consultar a Orde premede na imaxe.