Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

BIBLIOTECA

Estanse a realizar tarefas de mellora e mantemento da biblioteca, polo que permanecerá pechada ata novo aviso. Os libros que teñades na casa entregádeos aos titores.

Un saúdo

A dirección

XORNADAS PORTAS ABERTAS

Informamos ás familias interesadas en coñecer o centro que as xornadas de portas abertas serán os días:

  • Martes 21 de febreiro, ás 17:00 H.
  • Martes 7 de marzo, ás 17:00 H.

Para unha correcta organización da visita deberán anotarse chamando ao  886 111 087, indicando día e número de persoas que van vir.

Atentamente

A Dirección

XORNADAS PORTAS ABERTAS

Informamos ás familias interesadas en coñecer o centro que as xornadas de portas abertas serán os días:

  • Martes 21 de febreiro, ás 17:00 H.
  • Martes 7 de marzo, ás 17:00 H.

Para unha correcta organización da visita deberán anotarse chamando ao  886 111 087, indicando día e número de persoas que van vir.

Atentamente

A Dirección

ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O vindeiro MÉRCORES 7 DE SETEMBRO, DE 12:00 A 14:00h serán entregados os libros pertencentes ao FONDO SOLIDARIO.

Os SOLICITANTES (pai/ nai/ titor) deben acudir ao centro no horario antes mencionado, subir á aula do alumno e asinar o documento de entrega dos libros de texto. 

No caso de non poder acudir o solicitante, este poderá delegar noutra persoa. Esta debe traer a fotocopia do DNI do solicitante e un escrito onde autoriza á outra persoa. 

Adxuntamos un modelo de autorización.

 

A dirección

 

 

Convocatoria reunión inicial familias dos alumnos de 4º Educación Infantil (3 anos)

As mestras de 4º de educación infantil convocamos a tódalas familias do alumnado a unha reunión informativa que terá lugar o MARTES 6 DE SETEMBRO DE 2016 ÁS 17:00 nas aulas correspondentes.

Esperamos a vosa asistencia dada a importancia dos temas a tratar. 

NOTA: Para o mellor funcionamento da reunión rogamos que non asistan con nenos.

FONDO DE LIBROS

Xa está dispoñible no taboleiro exterior do centro a listaxe definitiva e a complementaria dos perceptores do FONDO DE LIBROS. Nela poden consultar os libros que recibirá o/a alumno/a. Estes libros serán entregados aos pais/nais/titores legais nos primeiros días de setembro no horario establecido para tal fin. Estas datas serán anunciadas nesta páxina web coa debida antelación.

A Dirección.

Expedientes 6º Educación Primaria

Na secretaría do centro, xa están a disposición das familias os expedientes dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria.

Un saúdo

Corrección ISBN libro texto Lengua Castellana de 6º Educación Primaria

Na lista de libros cara o vindeiro curso 2016-2017, produciuse un erro no ISBN do libro de Lengua Castellana de 6º de Educación Primaria. O correcto é o seguinte: 978-84-698-0652-4

De todos xeitos, no arquivo adxunto pódese descargar a listaxe completa de libros co ISBN correxido.

Perdoen as molestias.

Documentación alumnado 6º de Primaria que promociona a Secundaria

Por problemas alleos ao centro, non está dispoñible a documentación do alumnado de 6º de Educación Primaria que promociona ao instituto.

Dita documentación non é estrictamente necesaria para formalizar a nova matrícula no instituto, é dicir que se pode facer directamente dito proceso sen estos documentos. 

Disculpen as molestias.

 

Charla riscos asociados a Internet

O vindeiro xoves  5 de maio de 2016 teremos unha charla informativa na biblioteca do colexio ás 18:00 h, impartida por expertos da Policía Nacional, sobre un tema que consideramos de gran importancia e actualidade na educación d@s nos@s nen@s: 

“ Riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías”

Esta charla forma parte do “Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”.

Esperamos que sexa do voso interese  e consideramos de gran importancia que asistades xa que é unha oportunidade de formación sobre un tema que preocupa a todos e todas.

Para poder levar a cabo esta actividade é preciso unha asistencia mímina de 20 persoas, polo que precisamos da vosa confirmación  antes do martes 3 de maio. 

A A.N.P.A porá a disposición dos pais e nais  do centro un espazo cun responsable para a atención e coidado dos nenos e nenas .

Distribuir contido


by Dr. Radut