Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Resolución provisional de admitidos e non admitidos curso 2016/2017

No arquivo adxunto atópase a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2016/2017.

RECORDADE QUE O PRAZO DE RECLAMACIÓNS ANTE ESTAS LISTAXES PROVISIONAIS ABRENGUE DENDE O MARTES 26 DE ABRIL ATA O LUNS 2 DE MAIO DE 2016, OS DOUS DÍAS INCLUÍDOS.

DITAS RECLAMACIÓNS, DIRIXIDAS Á COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DO CEIP GARCÍA BARBÓN, PRESENTARANSE POR ESCRITO NA SECRETARIA DO CENTRO.

AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS, PUBLICARANSE O DÍA 13 DE MAIO DE 2016

Emisión mes de marzo Radio García Barbón

Neste mes poderedes atopar a entrevista que lle fixeron as alumnas Laura e Paula de 5ºB ao mestre Jose Ramón, as seccións habituais de deportes, festas, visitas, francés, inglés e a participación dos alumnos e alumnas de 5ºA.

 

O colexio en Radio Marca

O mércores 6 de abril, o colexio foi invitado a participar no programa "Deporte escolar" en Radio Marca Vigo. O centro viuse representado polo mestre Pablo Sánchez e polos alumnos Nurah e Lola de 5ºB de Educación primaria.

 

Museo C.E.I.P. García Barbón

O pasado martes 5 de abril celebrouse no sala de usos múltiples do cole unha fermosa exposición das obras de arte feitas polas alumnas e alumnos de 4 anos de Educación Infantil. Noraboa a ese grandes artistas e as mestras e mestres que fixeron posible esta exposición!!!!!!! 

Cambio de número de teléfono do colexio

Estimadas familias:

Comunicámosvos que a Consellería de Educación procedeu a efectuar cambios no servizo de telefonía deste centro educativo.

A partir do día de mañá, deberán utilizar o teléfono 886 111 087, quedando anulado o anterior.

Outros números de contacto:

  • Departamento de Orientación: 886 111 089
  • Biblioteca: 886 111 090
  • FAX do centro: 886 111 091

 

Un saúdo

Necesidade de baremar

Rematado o prazo de recollida de solicitudes de admisión, informámosvos de que se superou o número de prazas dispoñibles polo que será preciso baremar.

Todas as familias que solicitaron praza deberán presentar, entre o 1 e o 12 de abril toda a documentación que acredite a puntuación alegada nas solicitudes.

Unha vez efectuado o baremo publicaremos a lista provisional de admitidos o día 25 de abril.                                              

A dirección

Modificación das prazas vacantes iniciais de postos escolares para o curso 2016-2017

No arquivo adxunto atoparedes información actualizada sobre as prazas vacantes de postos escolares para o vindeiro curso.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2016/2017

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

Máis información no arquivo adxunto e na páxina web: http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

Visitas guiadas polas instalacións do centro os días 1 e 8 de marzo as 18:00

Día de Rosalía de Castro na Radio García Barbón

O día 24 de febreiro celebramos no colexío o día de Rosalía de castro coa grabación para o noso programa de radio dun poema coa participación de todas as alumnas e alumnos do colexio, dende os máis pequerrechos de educación infantil ata os máis maiores de educación primaria.

Reserva de praza Secundaria

Aquel alumnado de 6º de primaria que desexe reservar praza no I.E.S. ROSAIS 2 deberá cubrir e entregar o ANEXO I da orde no noso centro ata o 15 de febreiro de 2016 inclusive.

 O alumnado que non faga a reserva de praza no período establecido perderá o dereito de preferencia e terá que cubrir unha solicitude de admisión no período ordinario.

 A reserva de praza é vinculante. Si se fixo reserva para o Rosais 2 e desexa solicitar outro centro, terá que formalizar unha renuncia a dita reserva, antes do 1 de marzo, e presentar copia desta renuncia no centro no que se presente a solicitude de admisión.

 

Un saúdo

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut