Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Radio García Barbón: a radio plurilingüe do C.E.I.P. García Barbón

Benvidos a unha nova edición da radio do cole, unha radio online, plurilingüe e feita polas alumnas e alumnos do noso cole. Cada mes emitiremos un novo capítulo con todas as novas do cole, con entrevistas e moitas cousas máis.

Lembrade que podedes escoitar a radio on line ou ben descargar o podcast no voso reproductor mp3 e escoitalo no coche, na casa,...

Por último, darlle as grazas á A.N.P.A. do cole pola súa colaboración e a todolos mestres e mestras do colexio e en especial as mestras de Inglés e Francés. 

Esperamos que vos guste.

 

 

 

Faro na escola

Faro de Vigo, sabedor da enorme importancia que ten a relación entre os escolares e a prensa, decidiu emprender unha serie de accións divulgativas nos centros escolares da cidade de Vigo. É un deses centros é o noso colexio.

Por iso o colexio vai participar na elaboración dun periódico escolar coa colaboración e asesoramento do Faro de Vigo.

Non tardaremos moito en darvos unha grata sorpresa.

 

Abalar Móbil

O noso colexio foi seleccionado como centro piloto por parte da Xunta de Galicia para comezar a fase de probas da aplicación para dispositivos móbiles "ABALAR MÓBIL".

Esta aplicación permitirá mellorar a comunicación entre o centro e as súas familias.

En Arquivos Adxuntos podese descargar a guía de uso.

Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

PROGRAMA DE ALERTA ESCOLAR

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a poñer en marcha, coma outros anos, o Programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.

As patoloxías que se poden incluir no programa son: Epilepsia, Hipoglicemia (diabetes) e Shock Anafiláctico producido por algún tipo de reacción alérxica.

Para ver máis información na páxina da Consellería de Educación.

IMPRESO MODELO DE SOLICITUDE NA SECRETARÍA DO CENTRO

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO ADQUIRIDOS CON CARGO ÁS AXUDAS

Recordámosvos que o alumnado beneficiario das axudas para libros de texto para o curso 2015/16 ten a abriga de devolvelos no mes de xuño, agás o alumnado de 1º e 2º de educación primaria. É necesario que estén en bo estado de conservación para que poidan ser reutilizados.

Non devolver os libros ou a entrega en mal estado dos mesmos será causa de exclusión para o fondo solidario de libros convocada para o vindeiro curso académico 2016-17.

Agradecémos a vosa colaboración.

Un  cordial saúdo.

A DIRECCIÓN

AVISO: Erro no ISBN do libro de Lingua Castelá de 6º de Educación Primaria

Advertiuse un erro no libro de Lingua Castelá de 6º de Educación Primaria.

O correcto é:

978-84-698-0652-4

Desculpen as molestias.

Cambio de opción de Relixión a Atención Educativa

Os/as alumnos/as que desexen cambiar de opción deberán solicitalo na Secretaría do 1 ao 12 de xuño.

Ao inicio do vindeiro curso académico poderán manifestar de novo a súa vontade de cambio segundo o establecido na Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Para unha mellor organización do centro prégase que nos informen en xuño.

 

Poden descargar o impreso de cambio de opción a continuación (Adxunto)

 

 

4 de Maio día non lectivo

O vindeiro luns 4 de Maio é día non lectivo no noso centro.

Asi mesmo aproveitamos para lembrarlles que o curso académico 2015/16  rematará o 19 de Xuño, e que a entrega de boletíns está prevista para o 18 de Xuño.

Axudas municipais para comedor, libros e material escolar

Máis información na páxina web do concello de Vigo: http://hoxe.vigo.org/

Distribuir contido


by Dr. Radut