O vindeiro MÉRCORES 7 DE SETEMBRO, DE 12:00 A 14:00h serán entregados os libros pertencentes ao FONDO SOLIDARIO.
Os SOLICITANTES (pai/ nai/ titor) deben acudir ao centro no horario antes mencionado, subir á aula do alumno e asinar o documento de entrega dos libros de texto.
No caso de non poder acudir o solicitante, este poderá delegar noutra persoa. Esta debe traer a fotocopia do DNI do solicitante e un escrito onde autoriza á outra persoa.
Adxuntamos un modelo de autorización.
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
modelo autorización recollida fondo libros doc doc.odt | 16.86 KB |