Este ano para conmemorar o día da Paz eliximos rodearnos de palabras que temos que ter presentes no noso día a día e para iso decidimos facer un bingo da Paz.
O alumnado estivo inmerso na súa realización, tanto na elección de palabras, como na elaboración dos cartóns e na decisión do premio a gañar. Os premios foron uns vales nos que cada mestra ou mestre canxeará polo que decida a clase.
Como sempre os mais pequenos foron axudados polos maiores na realización dos cartóns e no desenvolvemento do propio bingo polo que pasaron o longo da semana acompañados polos maiores do cole.
Como sempre na escola da Gándara o que fomentamos son os valores e a implicación dos nosos nenos e nenas nas actividades.